| |
|
|
| 1. |
|
Hai numerosas formas de aforrar auga pero todas empezan por ti. |
| 2. |
|
Ao lavar os pratos a man, non deixes a auga correr mentres os aclaras. Enche un recipiente ou un lado do vertedeiro para enxaboar e outro para aclarar. |
| 3. |
|
Unha vez ao ano revisa o aparato de aire acondicionado por evaporación de auga. Así lograrás un resultado máis eficiente. |
| 4. |
|
Comproba con frecuencia o teu sistema de aspersores e axústaos para non regar as zonas que non o necesiten: as paredes da casa, a beirarrúa, ou a rúa. |
| 5. |
|
Utiliza a lavadora e a lavalouza soamente cando estean cheos e poderás aforrar ata 3.700 litros ao mes. |
| 6. |
|
Evita plantar céspede en zonas difíciles de regar como pendentes empinadas ou ao longo das beirarrúas. Instala cuberta na túa piscina e comproba que non haxa escapes nin na depuradora nin nas bombas. |
| 7. |
|
Recolle a auga do teu aparato de aire acondicionado nun recipiente e úsaa para regar. |
| 8. |
|
Aproveita a primavera e o outono para plantar o céspede e as plantas do xardín. Nestas estacións as necesidades de rego son menores. |
| 9. |
|
Se che gusta a auga fría mete unha xerra na neveira en lugar de deixar correr a auga da billa ata que saia fresca. |
| 10. |
|
Comproba o contador de auga e faga un seguimento de consumo para detectar fugas. |
| 11. |
|
Reduce ao mínimo a evaporación regando durante as horas temperás da mañá, cando a temperatura é máis fresca. |
| 12. |
|
Lava as túas ferramentas de xardinería no vertedeiro ou nun barreño en lugar de con auga da billa. |
| 13. |
|
Utiliza unha capa de seixos arredor das plantas para reducir a evaporación e aforrar centenares de litros de auga ao ano. |
| 14. |
|
Usa unha vasoira en lugar dunha mangueira para limpar a beirarrúa ou rúa. Así aforrarás 300 litros de auga cada vez que o fagas. |
| 15. |
|
Se a túa ducha pode encher un cubo de 4 litros en menos de 20 segundos, entón substitúe a alcachofa por unha de baixo fluxo. |
| 16. |
|
Recolle a auga que utilizas para aclarar as túas ferramentas de xardinaría e reutilízaa para regar as plantas. |
| 17. |
|
Divide o ciclo do rego en períodos máis curtos para reducir a perda e permitirlle unha mellor absorción da auga. |
| 18. |
|
Non debes esquecer comprobar fugas en billas, canalizacións e mangueiras que usamos no exterior. |
| 19. |
|
Se dispós dun sistema de enchedura automática, asegúrate de que a piscina non teña escapes. |
| 20. |
|
Rega soamente o céspede cando o necesite. Camiña polo céspede e se deixas pegadas, chegou a hora de regar de novo. |
| 21. |
|
Se vas comprar un novo electrodoméstico ten en conta as necesidades de consumo de auga e enerxía do aparato. Pensa en que un maior prezo hoxe pode supoñer un aforro futuro. |
| 22. |
|
Mantén a túa ducha diaria por debaixo dos 5 minutos, aforrarás ata 3.500 litros ao mes. |
| 23. |
|
Instala inodoros con dous tipos de descarga. |
| 24. |
|
Axusta o cortacéspede a un corte algo máis alto para que sombree o terreo e manteña a humidade. |
| 25. |
|
Cando limpes o acuario reutilizar a auga para regar plantas é rica en nitróxeno e fósforo, á vez que regas, aboarás e fertilizarás. |
| 26. |
|
Utiliza os aspersores para zonas grandes de rego e os pequenos espazos de céspede ou plantas faino cunha regadeira. |
| 27. |
|
Pon algún tipo de colorante na cisterna do inodoro se mancha a cunca é que ten unha fuga, repáraa, e aforrarás ata 2.000 litros de auga ao mes. |
| 28. |
|
Se te dás un baño pon o tapón antes de xirar a billa e axusta a temperatura da auga mentres a bañeira se enche. |
| 29. |
|
Utiliza materiais porosos en beirarrúas e patios, manterás a auga do xardín en lugar de que se evapore. |
| 30. |
|
Dirixe as saídas de caneiros e outros sistemas de drenaxe de auga cara a pradarías, arbustos e árbores, ou se podes recóllea para estes usos. |
| 31. |
|
Utiliza un só vaso para o consumo de auga diario. Isto reducirá o número de ocasións na que pos en marcha a lavalouza. |
| 32. |
|
Ten unha actitude responsable respecto ao número de lavadoras que pos. |
| 33. |
|
Instala un dispositivo detector de chuvia nos aspersores para evitar o rego innecesario. |
| 34. |
|
Non utilices auga corrente para desconxelar alimentos. |
| 35. |
|
Elixe un sistema de consumo eficiente de irrigación por goteo para árbores, arbustos e plantas. O rego nas raíces é moi eficaz. Vixía non regar en exceso. |
| 36. |
|
Algunhas fugas en billas poden resolverse cunha chave inglesa, utilízaa e aforrarás auga e non pagarás o fontaneiro. |
| 37. |
|
Reduce a extensión de céspede no xardín. Planta arbustos e utiliza rochas ou outros elementos decorativos como alternativa. |
| 38. |
|
Usa a lavadora e mantén o nivel de auga aconsellado en función da cantidade de roupa. |
| 39. |
|
Ensina os nenos a pechar as billas con forza para evitar que goteen despois. |
| 40. |
|
Recorda comprobar o sistema de rego periodicamente para confirmar a ausencia de fugas. |
| 41. |
|
Mentres te enxaboas na ducha pecha a billa ou utiliza un cabezal con sistema de regulación de fluxo e pono ao mínimo. |
| 42. |
|
Mantén en remollo as cazolas e tixolas. Así serache máis doado lavar a man. |
| 43. |
|
Non regues o céspede en días con forte vento. A eficacia dos aspersores será menor. |
| 44. |
|
Rega as plantas abundantemente poucas veces, así o teu xardín estará máis san e forte. |
| 45. |
|
Todos propietarios e inquilinos deben coñecer e ter acceso á chave de paso xeneral para cortar a auga en caso de rotura dun cano principal aforrarase auga e evitaranse danos nas vivendas. |
| 46. |
|
Rega o céspede en costas escarpadas cunha mangueira de goteo, as máis eficaces neste tipo de terreo. |
| 47. |
|
Agrupa as plantas que necesitan a mesma cantidade de auga. |
| 48. |
|
Recorda que tes que limpar o céspede de malas herbas, estas compiten con outras plantas polo abono, luz, e auga. |
| 49. |
|
Se ben os fertilizantes melloran o crecemento vexetal, tamén aumentan o consumo de auga. Utiliza a cantidade mínima de fertilizante necesaria. |
| 50. |
|
Evita instalar sistemas que enchan a auga no aire. Os sistemas de goteo ou de conexión en fervenza perden menos auga por evaporación. |
| 51. |
|
Lava o coche en lavadoiros automáticos e se estes reciclan a auga utilizada mellor. |
| 52. |
|
Non compres xoguetes que requiran un fluxo constante da auga. |
| 53. |
|
Pecha a billa mentres cepillas os dentes. |
| 54. |
|
Adquire un pluviómetro para saber a cantidade auga de chuvia que recibiu o xardín e así satarte algún rego. |
| 55. |
|
Anima a colexios e institutos e goberno local ou rexional a que axuden a desenvolver e a promover éticas para unha maior conservación da auga entre nenos e adultos. |
| 56. |
|
Ensina á túa familia como apagar os sistemas de rego automáticos. Se o sistema non funciona correctamente é preferible que o apagues, tamén se unha tormenta se está a achegar. |
| 57. |
|
Utiliza un reloxo para controlar o tempo se regas o céspede ou o xardín cunha mangueira. |
| 58. |
|
Comproba que o sistema de peche da cisterna non quede aberto despois do seu uso. |
| 59. |
|
Asegúrate de que haxa aireadores en todas as billas. |
| 60. |
|
Elixe para o xardín, ou substitúe progresivamente, plantas que precisen pouco rego. |
| 61. |
|
Instala un quentador inmediato de auga. Así non necesitarás que corra a auga ata que saia quente cando te duches. Isto tamén reducirá os custos da calefacción para a túa casa. |
| 62. |
|
Utiliza un lapis de graxa para marcar o nivel da auga da súa piscina na desnatadora. Comproba a marca 24 horas máis tarde. A túa piscina non debe perder máis de 6 milímetros ao día. |
| 63. |
|
Na lavalouza utiliza o ciclo axeitado á sucidade dos pratos, un ciclo longo consume máis auga e enerxía. |
| 64. |
|
Usa un desaparafusador para probar a humidade do chan do xardín. Se entra doadamente, non regues. Se regas ben o céspede aforrarás miles de litros de auga. |
| 65. |
|
65. Existen no mercado diferentes tipos de céspede elixe sempre o que menos rego necesite, consulta a un especialista. |
| 66. |
|
Fai un propósito de aforro de auga cada día. Aínda que o aforro dun só día sexa desprezable a suma será importante. |
| 67. |
|
Cando os nenos se queiran refrescar, utiliza a regadeira nunha zona do xardín que haxa que regar. |
| 68. |
|
Asegúrate de que a piscina, a fonte ou o estanque estean equipados con bombas que reutilizar a auga tanto no teu xardín privado coma nos da túa cidade solicitando os responsables locais que o instalen. |
| 69. |
|
Baña os nenos pequenos xuntos. |
| 70. |
|
Utiliza árbores e plantas que consuman pouca auga. |
| 71. |
|
En inverno toma medidas para que non se conxelen as canalizacións, e poidan estalar. |
| 72. |
|
Illa os canos de auga quente terá menos perdas e conseguirás aforrar auga e enerxía. |
| 73. |
|
Se non tes máis remedio que lavar o coche a man faino sobre unha zona que necesite rego. |
| 74. |
|
Non utilices o inodoro como cubo do lixo. |
| 75. |
|
Se tes un sistema de aire acondicionado, dirixe a drenaxe da auga cara a unha maceta, a unha árbore, ou ao céspede. |
| 76. |
|
Segue as mesmas recomendacións que na túa casa, no traballo e no teu tempo de ocio. |
| 77. |
|
Promove na túa comunidade proxectos que axuden a reciclar a auga usada. |
| 78. |
|
Se lavas o coche a man cunha mangueira, péchaa mentres enxaboas o coche. |
| 79. |
|
Anima aos teus amigos e veciños a concienciarse da auga como ben escaso. Infórmaos das accións que poden levar a cabo. |
| 80. |
|
Se a cisterna do teu inodoro é antiga introduce unha botella chea de auga e asegúrate de que non interfira no sistema de funcionamento. Reducirás o consumo cada vez que o uses. |
| 81. |
|
Instala os sistemas de depuración e abrandado de auga soamente se é necesario. |
| 82. |
|
Usa a lavadora co programa axeitado a cada tipo de roupa e utiliza o deterxente como aconselle o fabricante. Adecúa a velocidade do centrifugado ao clima, tamén aforrarás enerxía. |
| 83. |
|
Deixa as ramas baixas de árbores e arbustos, estas e a acumulación de folla caída axudarán a manter a humidade. |
| 84. |
|
Notifica rapidamente a rotura de canos, bocas de rego abertas ou calquera outra incidencia aos teléfonos de avarías de aqualia. |
| 85. |
|
O céspede Bermudas está inactivo en inverno e require tan só un rego ao mes ou menos se hai chuvias. |
| 86. |
|
Engade esterco vexetal ás túas plantas. Utilizar este tipo de abono axuda a manter a humidade no chan. |
| 87. |
|
Utiliza os aspersores que lanzan gotas grandes da auga ao chan. Canto máis pequena é a gota máis facilidade haberá de evaporación antes de caer ao chan. |
| 88. |
|
Revisa escapes nos sistemas automáticos de baleirado, evitar calquera escape aforra moitos litros ao cabo do ano. |
| 89. |
|
Morren máis plantas por un exceso de rego que pola súa falta. Asegúrate de manter un rego axeitado. |
| 90. |
|
Cociña os alimentos coa menor cantidade de auga posible, ademais de aforrar conservará a maior parte dos nutrientes. |
| 91. |
|
Axusta o teu horario de rego a cada estación. Rega o céspede en verán cada tres días e en inverno cada cinco. |
| 92. |
|
Apaga a billa mentres enxaboas o pelo, aforrarás case 200 litros de auga á semana. |
| 93. |
|
Se tes animais domésticos báñaos no exterior, nunha zona que precise de rego. |
| 94. |
|
Elixe sempre sistemas que aforren auga, electrodomésticos, billas, etc. |
| 95. |
|
Rega de maneira que o chan absorba toda a auga sen que se creen charcos nin pequenos ríos de perdas. |
| 96. |
|
Airea o xardín. Deixe pequenos buratos no céspede cada 20 centímetros, así a auga penetrará mellor no chan e evitarás que escape pola superficie. |
| 97. |
|
Elixe a pota axeitada para cada guiso así como a cantidade de alimento. Aforrarás auga e enerxía. |
| 98. |
|
Coloca unha lata de conserva baleira sobre o céspede, axudarache a comprobar se o rego que recibe é o axeitado ao tipo. Consulta sempre as especificacións do envase ou ao teu fabricante. |
| 99. |
|
Pecha a billa mentres te afeitas. Para limpar a coitela enche o lavabo con auga. Así aforrarás case 400 litros á semana. |
| 100. |
|
Se cambias a auga aos teus animais domésticos utilízaa para regar as plantas. |
 |