Español
Empresa
Presentación
Ciclo Integral da Auga
Abastecemento
Redes de sumidoiros
Contadores
Calidade, Medioambiente e Saúde Laboral
Seguridade e Saúde Laboral
Control de Calidade da Auga
Xestion da Calidade
Xestion Medioambiental
Contratación
Acometidadas
Alta de Subministración
Baixa de Subministración
Cambio de Titular
Subrogación
Atención ao Cliente
Centro de Atención ao Cliente
Calendario Laboral
As Nosas Oficinas
Tarifas
Cobros
Facturación
Instalacións Interiores
Actuación sobre contadores
lectura de contadores
Reclamacións
Preguntas Frecuentes
Consumo Responsable
Boas prácticas de aforro
100 maneiras de aforrar
Cálculo do Consumo
 
 
Boas prácticas de aforro
 

Na cociña
Ao fregar os pratos, non permitas que a auga corra mentres os enxaugas.

Enche un lado do vertedeiro con auga para lavar e o outro con auga para aclarar.

Pon en marcha a lavadora e a lavalouza unicamente cando estean cheos.

En verán, garda a auga na neveira ou o conxelador para mantela fría, isto é moito mellor que deixar que o chorro de auga corra ata que se poña fría.

 

No baño
¡Date duchas curtas! Antes de ducharte, instala unha alcachofa de baixo fluxo. Non son caras e poden supoñer unha gran diferenza no consumo de auga.

Pecha a auga mentres cepillas os dentes, aféitaste, etc.

Enche de auga unha botella de plástico e colócaa na cisterna do cuarto de baño, ¡ así aforrarás 45 litros do volume de auga que utilizas cada día cando tiras da cadea!

 

De compras
A auga está nas froitas e vexetais que consumes cada día.

Toma conciencia da importancia que a auga ten en todos os ámbitos da túa vida.

Diariamente, considera iniciativas ambientais intelixentes no que respecta aos produtos que consumes.

Consume produtos agrícolas que proveñan da agricultura e respecten o medio. Que non conteñan pesticidas, produtos químicos e gasten menos auga que a agricultura intensiva.

 

Onde queira que esteas
Mantén limpa a túa comunidade, recicla e non ensucíes. ¡ Tamén así aforrarás auga!

¡Consegue que os teus amigos e familia valoren tamén a auga! ¡ Impón as regras na casa!

En moitos países a auga é de excelente calidade e non é necesario comprala en botella. Bebe auga da billa e evita que as botellas de plástico danen o medio.

Se consumes auga embotellada, reutilizar as botellas ou cómpraas grandes.

 
Na túa comunidade
1.200 millóns de persoas, é dicir case unha de cada 5 persoas, non teñen acceso á auga potable e, a metade da poboación mundial carece de sistemas axeitados de depuración de auga. O problema da auga atínxenos a todos e polo tanto, todos somos responsables.
 
  1. Organiza eventos con motivo do Día Mundial da Auga, o 22 de marzo. Resulta indispensable actuar co fin de asegurarse un futuro mellor.
  2. Apoia os eventos organizados por novos destinados a protexer os recursos hídricos. Porque son a xeración do futuro, o verdadeiro cambio virá deles.
  3. Organiza eventos na túa comunidade. Escribe un artigo acerca destes actos e difúndeo entre os teu. Nós tamén nos comprometemos a compartir as túas ideas co resto do mundo.
  4. Realiza presentacións dirixidas á túa comunidade, a túa clase, o teu traballo, etc. que teña que ver coa problemática da auga e a importancia de conservala. Presenta unha actividade particular ou un problema específico en clase.
  5. Anima o sistema escolar e o goberno local a desenvolver e promover un comportamento ético cara á auga entre nenos e adultos.
  6. Organiza actividades de limpeza das beiras dos ríos e das praias locais.
  7. Segundo a ONU e a Organización Mundial da Saúde, o 80% das enfermidades nos países en vías de desenvolvemento proveñen do consumo e da exposición á auga non potable, que provoca a morte de máis de 25.000 persoas cada día. Non importa en qué país te atopes, a calidade da auga é un problema importante. Preme as autoridades locais para que aseguren o acceso a unha auga de calidade e a súa protección para o futuro.
  8. Infórmate sobre os compromisos que adoptou o teu goberno no pasado acerca da protección dos recursos hídricos e comproba se o levaron a cabo ou non. Se non fose así, feixe un seguimento e organiza campañas co fin de recordarlle o cumprimento destes compromisos. ¡O problema da auga é a responsabilidade de todos!
  9. Preme o teu goberno para que adopte compromisos reais e realice cambios de cara aos Foros Mundiais da Auga.
  10. Se traballas dentro dun grupo, compañía, rede, etc., organiza eventos de sensibilización ao público, charlas, campañas de envío de cartas, etc.
  11. Deseña adhesivos, carteis, compón cancións, inventa xogos, mensaxes de radio, anuncios en televisión, todo o que vaia servir para educar ás persoas da túa comunidade sobre a auga e darlles ideas sobre o que poden facer ao respecto.
  12. Feixe fotos de actos concretos celebrados na túa comunidade para protexer os recursos hídricos, e describe en 150 palabras que representan as fotos e envíanolas. Non só terás a oportunidade de compartilas, tamén poderás formar parte dunha exposición itinerante que se levará a cabo ao longo do ano.
  13. Se tes acceso a Internet, organiza Días de Información sobre a Auga dirixidos a novos e adultos. Visita regularmente as páxinas nacionais do Ano Internacional da Auga doce.
  14. Ao organizar conferencias, simposios, talleres etc., asegúrate de que estes eventos incorporan un elemento de acción. Discutir é importante pero a acción máis. Debate como poden cambiarse as cousas e cuantifica as accións.
 

Na escola
Mestres: Animade aos alumnos a que escriban textos e fagan presentacións sobre o tema da auga. A auga afecta todos os ámbitos da sociedade e pode estudarse dende calquera área, historia, xeografía, política, ¡ mesmo nos cursos de idiomas! Intentade incorporar o tema da auga ao plan de estudios.

A túa clase ou escola podería adoptar un lago ou un río co fin de coñecer a súa historia, e como se están a utilizar os recursos. O grupo podería protexelo e mantelo limpo.

Cartografa os recursos hídricos locais e crea un mapa con observacións científicas, culturais, históricas e de fauna e flora, relacionadas cos problemas do río ou lago. É unha boa ferramenta, non só para gardar un rexistro do que significa a auga para a comunidade, senón tamén para educar, e coñecer que é o que asegura a súa protección.

¡Sede creativos! Organizade exposicións de arte, lecturas de poesía o tema da cal estea centrado na auga. Organizade concursos de fotografía ou de carteis nas súas áreas durante o Ano Internacional da Auga doce.

 

No xardín
Para conseguir un bonito xardín e un céspede verde e exuberante, le os nosos consellos sobre como aforrar auga no xardín.

 

Rego
Reagrupa as plantas en función da cantidade de auga que necesite, e deseña o modelo de rego máis axeitado para as túas plantas sen malgastar auga.

Rega sempre as plantas durante as primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde, cando a temperatura sexa máis fresca e redúcese ao mínimo a evaporación.

Recolle auga de chuvia para regar as plantas.

 

Plantas
As follas das plantas e as árbores non hai que regalas. Bota a auga sobre as raíces e asegúrate de que a absorben toda.

Cando limpes a túa peixeira, utiliza a auga que vas desbotar para regar as plantas. É auga rica en nitróxeno e fósforo, e ofréceche un fertilizante eficaz e sen custo algún. Podes facer o mesmo coa auga na que ferviches a pasta, por exemplo.

Coloca as plantas das túas macetas nun cubo ou vertedeiro cheo de auga. Déixaos durante uns minutos ata que a auga penetrara totalmente e a terra se aireara.

Escava unha pequena gabia arredor das árbores do teu xardín para facilitar que a auga penetre e non escape.

Compra plantas autóctonas da túa rexión e clima. Cada planta require coidados diferentes e, se che preocupa o uso da auga, é importante que teñas en conta a cantidade de auga que necesita, o seu tamaño, aparencia, tempo de floración á hora de elixilas.

Se vives nunha zona seca, ou extremadamente seca en verán, planta especies tolerantes á calor que sobrevivan sen necesidade de rego ou con moi pouca auga.

 

O céspede
Cada variedade de céspede necesita unha cantidade diferente de auga. Consulta o teu viveiro local, alí diranche cáles son as variedades máis apropiadas para o lugar no que vivas.

Ao cortar o céspede non o deixes a menos de 2 cm. Pola contra, non contará con follas abondas que o protexan do efecto abrasador do sol.

O céspede é o parte que máis auga necesita dun xardín. Se ti es responsable de deseñar o xardín, reduce ao mínimo a superficie.

augarsa - Servicio municipal de aguas de Arteixo Ayuntamiento de Arteixo