| |
| AUGARSA xestiona o Servizo Municipal de Abastecemento e rede de Sumidoiros de Arteixo, servindo a unha poboación aproximada de 30.000 habitantes e subministrando un caudal medio diario de 7.200 m3. |
| |
| O abastecemento de Arteixo divídese en dous sectores a zona de abastecemento de Arteixo e a zona de abastecemento de Gallardo. |
| |
| Zona de abastecemento de Arteixo. |
| |
| Descrición |
| |
| A totalidade da auga subministrada provén do abastecemento da Coruña que a serve en alta e distribúese á rede a través dos depósitos de Pastoriza e A Zapateira, agás na zona de Meicende que se serve directamente da rede de abastecemento da Coruña. |
| |
| Zona de abastecemento do Gallardo |
| |
| Descrición |
| |
A auga obtense nas captacións de Lañas de Abaixo, A Bidueira e Sisalde onde se atopa a planta de tratamento de auga potable de Sisalde. |
| |
| O tratamento realizado nesta planta consta dunha precloración, coagulación, floculación, filtración en filtros de área a presión e unha poscloración final. |
| |
| A planta trata un caudal de 800 m3/día, a construción é do ano 2004 e abastece unha poboación aproximada de 2.000 habitantes. |
| |
| A auga desta zona de abastecemento regúlase no depósito do Gallardo. Trátase dun depósito medio enterrado cunha capacidade de 400 m3, capacidade insuficiente para o caudal regulado en el. |
| |
| O reto de AUGARSA é conseguir un abastecemento adecuado en cantidade e calidade a todos os clientes do servizo. A dificultade disto atópase en que deben solucionarse os problemas históricos do servizo así como afrontar con garantías o enorme aumento de poboación e de áreas industriais no municipio. |
| |
Establécese para isto un plan de investimentos así coma un plan de mellora do servizo prestado. |
| |
 |