| |
Certificado de Riesgos Laborales |
| |
En España apróbase, en 1995, a Lei de prevención de riscos laborais, coa intención de adaptar a nosa lexislación interna ás esixencias da Unión Europea, e coa finalidade última de evitar os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais antes de que aparezan. |
| |
A política de prevención de Riscos Laborais en augarsa está integrada no conxunto de actividades e decisións, tanto nos procesos técnicos, na organización do traballo e nas condicións en que este se preste como na liña xerárquica da empresa, incluídos todos os niveis desta. |
| |
A integración na prevención en todos os niveis xerárquicos da empresa supón a atribución a todos eles e a asunción por estes da obriga de incluír a prevención de riscos en calquera actividade que realicen ou ordenen e en todas as decisións que adopten. |
| |
O obxectivo principal de Xestión de Auga é a execución dos servizos nas mellores condicións posibles. Dentro destas, está o promover a mellora continua das condicións de traballo dirixida a elevar os niveis de protección, seguridade e saúde dos traballadores no traballo, co fin non só de garantir o cumprimento da lexislación vixente, senón de adquirir un compromiso real cos traballadores da empresa en materia de Prevención. |
| |
A política de prevención de Riscos Laborais está baseada nos seguintes principios: |
- Cumprimento da lexislación vixente en materia de Prevención.
- Cumprimento do Manual de Prevención e dos procedementos que del derivan.
- Implicación de todo o persoal da empresa, desde a Dirección até o traballador de menor cualificación profesional
- Difusión da Política e Obxectivos de Prevención
- Asignación dos recursos adecuados e persoal cualificado para lograr un alto nivel de seguridade e saúde e asegurar a aplicación do Sistema de xestión de Prevención de Riscos Laborais
- Creación dun clima de confianza do persoal
- Aplicación de procedementos específicos elaborados de acordo co Manual de Prevención e Procedementos Xerais e cos códigos de seguridade, normas e regulamentos aplicables.
- Garantía ao traballador da suficiente e adecuada formación e información teórica e práctica, así como a participación e consulta.
|
| |
Para perseguir unha mellora na Prevención de Riscos Laborais establécense uns obxectivos anuais de seguridade e saúde, sobre os que se fai un seguimento do seu cumprimento. |
| |
Durante o ano 2007 augarsa certificou a súa xestión da prevención de riscos laborais, plasmando desta maneira o seu compromiso coa seguridade e saúde dos seus traballadores e de toda a contorna. |
| |