| |
| 1. Cando se di que unha auga é dura? Que problemas produce isto? Como se solucionan estes problemas? |
| |
| A dureza dunha auga débese ao contido de certas sales de calcio e magnesio, que poden estar presentes en concentracións normalmente altas. |
| |
| Os problemas dunha auga dura verifícanse no fogar cando se dificulta a cocedura dalgúns alimentos (como as verduras), que quedan duros e en ocasións amargos. Así mesmo, unha auga dura dificulta a formación de escuma no baño ou cando se lava a roupa. |
| |
| En Arteixo, a auga subministrada ten a consideración de "auga branda", sendo o grao de dureza de 1 grao francés. |
| |
| 2. É preciso o cloro na auga de bebida? En caso afirmativo, canto cloro é recomendable? |
| |
| Unha auga de consumo contaminada pode ser fonte de graves enfermidades. O cloro é unha barreira ante este risco, xa que é un dos mellores desinfectantes que se poden empregar na produción de auga potable. |
| |
| Se a auga que chega á nosa mesa ten cloro, entón teremos a certeza de que está ceibe de xermes nocivos. A concentración de cloro na auga varía cos distintos tratamentos e coa situación que a nosa casa teña en relación coa rede de distribución de auga. Con todo, esas concentracións deben estar entre 0,4 y 1,5 mg/L de cloro.
|
| |
| 3. É pura a auga de manancial, de ríos ou lagos? |
| |
| En xeral, non. A meirande parte das augas de orixe superficial (ríos e lagos) son lixeiramente turbias. A sucidade pode provir de diferentes clases de materia en suspensión, como area fina, arxila, lama ou microorganismos, e partículas coloidadais que son anacos de materia orgánica que proveñen da maceración de follas, codias e outras substancias vexetais en descomposición. |
| |
| Considérase a auga de manancial coma unha auga pura na súa orixe, pois abrolla directamente do subsolo e está ceibe da contaminación polo home, pero durante o seu percorrido está exposta á contaminación causada polos excrementos de animais e aves silvestres e pola actividade humana. A auga dos ríos e lagos é usada como vía de transporte tanto polas persoas dedicadas á pesca coma polos turistas, o que fai que estas augas se contaminen con organismos patóxenos que lle causan enfermidade ao ser humano. |
| |
| 4. Por que debemos pagar pola auga que tomamos se esta é un don da natureza? |
| |
| Porque a auga que se atopa na natureza está fóra do noso alcance e para que chegue ao noso enderezo precísase unha serie de instalacións e equipos custosos. Así mesmo, a auga require ser tratada para asegurar que súa calidade sexa apta para o consumo humano e iso tamén supón custos que deben ser cubertos pola persoa usuaria. Ademais, no pagamento do consumo de auga está incluído tamén o custo do tratamento das augas residuais, que xeramos nós ao consumir a auga potable. |
| |
| 5. Que lonxitude de entubado ten a rede de auga de Arteixo? |
| |
| A rede de abastecemento municipal de Arteixo ten unha lonxitude de 221 km. |
| |
| 6. E a rede de sumidoiros? |
| |
| LA rede de sumidoiros municipal de Arteixo ten unha lonxitude de 205 km. |
| |
| 7. Que podo facer para aforrar auga? |
|
- Pechar a ducha e a billa mentres enxaboamos as mans, cepillamos os dentes ou nos afeitamos. Unha billa aberta gasta entre 10 e 20 litros de auga por minuto.
- Tomar unha ducha no lugar dun baño. Aforraremos máis de 100 litros de auga.
- Tirar da cadea do inodoro só cando sexa imprescindible; que non sirva de papeleira ou cinceiro. Aforraremos entre 10 e 15 litros de auga.
- Utilizar accesorios con etiqueta ecolóxica. Cambiar as billas, duchas e cisternas por outros máis modernos e eficientes.
- Utilizar a lavadora e o lavalouza só a plena carga. Unha lavadora consume 170 litros de auga e un lavalouza 50.
- Reparar as billas e cisternas que goteen. Unha billa que gotea perde máis de 50 litros de auga ao día e unha cisterna pode perder case 250.
- Non utilizar a auga da billa para desconxelar alimentos. Utilizar o inodoro só para a súa función. Evitaremos problemas nas depuradoras e contribuiremos a non contaminar a auga.
- Non utilizar a auga destinada a consumo humano para o rego de xardíns.
- Lavar o coche en lavadoiros automáticos. Estes adoitan facer un uso eficiente da auga.
|